NoticiasSendeirismo

A QUEIMAR O TURRON E EMPEZAR BEN O ANO

 O 28 e o 29 faremos o percorrido clásico da volta o fondo da ría (uns 7kms 1’30h).

A saida como é un paseo e en réxime de quedada, e aberta a todos os que queiran as 17h no Albergue de peregrinos de Neda.

O día 1 como sempre, ademais do concurso de salto de esqui e do concerto de aninovo en Viena, teremos os nosos “callos” na Cabana, despois de subir ate Chamorro e camiñar polos altos de Serantes, ate Valón. Dende ali rápida baixada ate San Antonio da Cabana e xa no local da Asociación, os callos, como no, de “el Gallo”.

FOTOS DE TODOS OS ANOS

Tamén participación aberta, en rexime de quedada, e a partir das 11.15, en FIMO, na Malata.

Empecemos o 2018, camiñando!!!