ActividadesNoticiasSendeirismo

Proxección, fotografía, Día Internacional das Montañas 2017

Para esta fin de semana temos moitas cousas:

VENRES 15:  ás 20.30h no local do club, imaxes dos nosos compañeiros Roberto e Isa, da súa estancia polas antípodas, Australia …e arredores (entrada libre).

SÁBADO 16: Fotografando… Cousas miúdas, andaina fotográfica de iniciación co noso compañeiro Xoán Porto pola contorna do Bosque dos Nenos (require inscrición previa).

«Montañas baixo presión: clima, fame, migración»

DOMINGO 17 Lembraremos que o día 11 de decembro foi declarado Dia Mundial das Montañas, pola ONU, así que percorreremos as Louseiras  os 500mts de altura que arderon na pasada vaga de lumes deste outono (require inscrición previa).

FICHA PROPOSTA ACTIVIDADE 171217 PENAS LOUSEIRAS (PDF)