Fructífera tempada na Escalada no Club
Cunha media de 4 xornadas de iniciación por mes no rocódromo foise configurando un grupo de diferentes idades, pero que acadaron a práctica suficiente como para, ao final, poder sair á contorna natural na zona de Lobadiz, en San Xurxo.
Unha media de 10/12 participantes, da man dos monitores do rocódromo do Montaña Ferrol Javi y Ana, foron tomando contacto co mundo vertical, así como coa seguridade do arnés e a corda.
Cos participantes máis asiduos constituiuse un grupo de entreno, unha vez á semana, que agora está a dar os seus froitos nas rocas graníticas de Lobadiz.
A partir de setembro comezará o novo curso e novas oportunidades para iniciarse na escalada ¿anímaste con nós?