Foto desde El Picu
Non todos os días recibimos unha foto dende o cumio do Urriellu, pero desta volta os nosos compas dinamizadores do roco envíannos esta refrescante imaxe.
Nós mentres andamos argallando a celebración do patrón dos montañeiros, San Bernardo de Menthon. Unha disculpa máis para desfrutar dun día compartindo comida e charla en boa compaña.