Noticias

tendencioso uso da nosa foto

DF espada lasser Increíble o do Diario de Ferrol, pirateu una foto do noso blog e da web, por suposto sen permiso algún, e sacouna do contexto, aproveitando a nosa foto para cargar contra o concello, algo que habitualmente está a facer, nunca liña editorial, nada obxectiva.

Nos con esa foto non denunciamos nada (hai moitas cousas que denunciar e as denunciamos sexa do color que sexa o concello) , pero esa foto era para mostrar os avances da sinalización da Ruta Ártabra, algo do que por certo no falan neste diario.

Realmente parece pouco profesional, e de moi mal gusto este tipo de utilización dun recurso visual propio