EMPEZAMOS O ANO: ESTE DOMINGO, AMODIÑO
Para continuar coas nosas andainas, propoñemos para o domingo 11 de xaneiro unha tranquila e sinxela andaina acompañados polo noso biologo Pedro F.Flores. A idea e facer un percorrido, de maña pola zona ZEPA (Zona Especial de Protección de Aves) da Lagoa da Frouxeira (Valdoviño), prismáticos en ristre.
O percorrido esta indicado para todas as idades. É imprescindible anotarse no clube. É de balde para @s soci@s