INICIATIVA SOLIDARIA -MSF/EBOLA
Temos casi a punto o calendario de actividades de este ano, pero hai unha que xa imos lanzar:
A Marcha de aninovo…¡e callos!!!!, Xa sabedes eso de madrugar o 1 de xaneiro as 11.30h para estar na porta de FIMO, subir ate Chamorro saudar @s compañeri@s que van correndo e logo baixar a A Cabana, e si todo sae ben…unha tapa de callos.
Hai 2 anos para amortizar gastos comenzamos a facelos de Co-Pago (….como o Sergas vamos), pero iste ano decidimos, correr nos co gasto dos callos, e o que se recaude, mais o 0’7% das cuotas que hai tempo que non cedemos a ningun proxecto solidario, pasalo a
Medicos Sin Fronteiras ó fondo de emerxencia para o ébola.
Pero dende xa, nos apuntamos as iniciativas solidarias de MSF: https://iniciativassolidarias.msf.es/marcha-aninovo
Así que si pensades que o día 1 non ides estar en condicions para estes temas….¡Adiantadevos e facede xa o voso apoio a traves da web de MSF!
Nota: Tamen hai un “caldeiro de callos” aberto no Club, para facer donación in situ