Noticias

FIN DE CICLO: 15 ANOS DE TEIXIDO

Así comendo tirados na rúa, é como rematamos esta etapa, por riba cun tempo atroz, pero felices e contentos.

Grande apoio que tivemos das concellerías de deportes  de Ferrol, Narón, Valdoviño e Cedeira, (Susana, Natalia, Cristina e Pablo) así como de empresas como Gadis ou a casa de TR O Morcego, con seu reconstituinte café con gotas.

É unha pena que non haxa un compromiso por parte de Administración de manter o Camiño, pero estamos fartos de coller fouciña e pintura todos os anos. Se a esto lle engades a pouca sensibilidade da organización do Rally de Narón, xa tes o cadro completo do noso adios.

¿E 50 kms pola costa de Ferrol?..xa veremos!         FOTOS