Noticias

COSPEITO: SAIDA MEDIOAMBIENTAL

O día 23, faremos unha das saidas medioambientais con Pedro, o noso biologo de cabeceira.

A idea é visitar Cospeito, que ten que estar a tope de auga, as de Riocaldo/Pedroso na zona de Begonte, e pode ser que a de Caque ou a de Sobrado.

Con ritmo amodiño, e sempre atentos a observación da natureza. Estas actividades antes estaban dentro do Programa Aulas Verdes na Montaña, asinado co Concello de Ferrol durante 12 anos, pero no Concello só nos fala a concelleira de deportes, o resto nin nos reciben. Pero por nos que non sexa.

FICHA ACTIVIDADE