ENVIO SOLIDARIO O KIRGUISTAN
Despois da visita dos nosos compañeiros Carlos e Nuria ó Pico Lenin, ó igual que se fixera na sua estadía no Perú, abreuse unha vía de colaboración con xente do pais. Así fixose un envio de roupa de montaña, louvas, forros e sacos de durmir, cedidos por socios do club.
O custe do envio ademais foi apoiado por todos aqueles que depositaron as moedas de 1, 2 e 5 cts, no club, xuntando 42 € o clube pon os case 8 restantes.
Se tes moedas das pequenas, ou roupa de montaña, deixaas na secretaría para o seguinte envio
A montaña sempre foi, é e será solidaria!