ENTRENO DE RAID NO BARQUEIRO
O pasado domingo 5 de xuño,os nosos raiders Oscar e Saul organizaron un entreno de RAID na zona de Esteiro-O Barqueiro,dirixido ós socios do Club Montaña Ferrol.
A proba tiña duas etapas,unha correndo e outra en bicicleta de montaña,sendo o tempo medio da primeira de 1h 30 e de 3h 30 o da segunda.
A etapa de trekking-carreira levounos polos lugares mais bonitos da costa de Esteiro,con algunhas partes correndo pola praia e outras percorrendo o borde dos seus acantilados.
Todos os participantes coincidiron na beleza do percorrido elexido, que pese a dureza dalgunha subida,resultou divertido e non excesivamente compricado.
A segunda etapa,xa en bicicleta, adentrabase nos marxenes do rio Sor,con varias balizas situadas nas pontes colgantes sobre o seu cauce.A baliza 22 era unha proba especial,que consistia en cruzalo nunha antigua silla suxeita a un cable de aceiro.Os organizadores añadiron unha corda ó vello dispositivo,para poder utilizalo como unha tirolina,e agacharon a baliza à outra beira do rio,de forma que era obrigado cruzalo pra puntuala.Ningun participante resisteuse a probalo e foi puntuado por todos.
As seguintes balizas apartabanos do rio,comezando unha forte subida que rapidamente nos poñia no parque eolico da Coriscada.Sin dubida a parte mais dura do percorrido.Como premio a este esforzo,unha larga baixada en eses por pista,poñia ó roxo os frenos das bicicletas e o soriso de orella a orella ós raiders que se lanzaban a recuperar o tempo da subida.
Tralo esforzo continuo de cinco horas,esperabanos unha ducha no pabellon de Esteiro e una reconfortante comida de confraternizacion,onde o churrasco e os chorizos criollos acompañaron as anecdotas e mellores xogadas dos participantes.
Podedes atopar algunhas fotos de este evento no enlace seguinte: