Circulares

Circular Abril 2006

Velahí ven a primaveira, os alérxicos xa podemos empezar a tomar os antihistamínicos senon queremos sufrir os pólenes do monte, pero ainda así, ahí van unha serie de propostas para estes meses. Despóis da impresionante molladura do Penarrubia, interrumpiremos algo polo tema da Seman Santa, onde cada un se traza o seu obxectivo, pero seguimos con proxeccións, saídas de domingo e o Xures de fin de semán, ademáis de algún curso que outro, por exemplo de escalada e orientación Exito rotundo das xornadas o longo do mes de Marzo no rocódromo, da man de escaladores como Andrés, Kiko, Pati ou Iván. En breve teremos na rúa 3000 exemplares do folleto a Teixido en castelán, non escoitamos a ninguén que non lle gustara. Do mesmo xeito que a expo sigue por Valdoviño e irá para Cedeira. En fin, humildes nos obxectivos pero con moitas cousas.

Dia 26:_ Fervenzas de Somede (As Pontes)
O domingo que ven, iremos ate un sitio impresionante da cuenca do Eume: As Fervenzas de Somede, merece a pena, é sinxeliña.

Dia 23 de abril: Terras da Capela.
Iremos polo Belelle para rematar no Eume, e xa na primaveira, pode ser un día de ríos dunha beleza sen igoal

6 e 7 de Maio: Serra do Xures
Outro fin de semán nesa serra a metade de camiño entre Portugal e Galicia. Este ano nos toca baixar polo camiño román da Vía Nova e o domingo achegarnos ate a Pena de Anaman, impresionante mole granítica

21 de maio: En Dubidas
Estamos a pensar entre si ir ó Cabo Ortegal dende Teixido o tomarnos a revancha no Penarrubia. Vos diredes!!

CURSO INICIACIÓN Ó MONTAÑISMO:
A Escola Galega de Alta Montaña, para primeiros de maio, lanza dous fins de seman, donde se falará dende material e progresión na montaña ate orientación, no Caurel e no Xurés

ESCALADA:
Tivemos que facer unha lista de espera para unhas segundas xornadas, animadevos para a vinderia edición

ORIENTACION
Case seguro que o sábado 22 de maio, no Muiño de Pedroso fagamos unha xornada de orientación, aberta a todos os que queiran. Hai que apuntarse.

PINCHOS CON IMAXES (as 20’30h no local):

  • 24 de Marzo.Unha volta a Cuba en Bici: Angel e Arturo, nos relatarán o que foi esta caribeña experiencia
  • 31 de Marzo.- Unha de mar: O Increible biólogo Moncho Seage (ou sexa Moncho) presentará as suas memorias mariñas da tempada pasada no fletán. De paso se exhibirá o famoso documental da productora “The Thambre Productions” sobre as “SEREAS”, si, si sereas, imaxes únicas introducidas polo noso inglés de cabeceira Michael Greeshields (mais coñecido en Brión como Migueliño o Inglés)
  • 21 de Abril.- Un percorrido polo Xurés * Queda pendente a travesía polo báltico xeado de Oscar e as peripericas de Carlos e Nuria polos altos Andes

PRIVACIDADE DE DATOS
CLUB MONTAÑA FERROL APTDO 297 – 15480
Nin cedemos teléfonos, nin enderezos, nin correos electrónicos. O feito de ser socio do Clube, implica unha total privacidade nos datos, así que non vos pareza mal, é norma común e é polo ben de todos, nestes tempos de tanto “SPAM”