EscaladaNoticias

Circular Maio 2005

Seguimos nesta primaveira, organizando todo tipo de temas. Despois dos 8º baixo cero de Trevinca , e a tradicional mollada en Monfero, en compañía do amigos de Celtas, así tocou menos auga por cabeza. Seguimos organizando cousas diferentes: charlas, saidas, escalada, cursillos, solidaridade, ventas varias.
En definitiva seguimos lanzados enfocando eso si a VII Marcha a Teixido en 12 horas, eses 50 qm. que a mais de un lle da que facer.

Serra do Xures (7 e 8 de maio)
Este fin de semán iremos ate esta Portugal /ourensana serra, que tantas sorpresas nos ten. Este ano iremos ate o río Agro, e o domingo ate a Portela de Pitóns e os mais andarines ate os Picos dos Fontefria ¡Merece a pena¡

Escalada en Lobadiz (21 de maio)
O sábado 21 tentaremos de facer unha xornada de coñecemento das vias da escola de Lobadiz, para todos aqueles que queran coñecer a verticalidade da nosa costa ahí vai unha oferta entretenida

Paseo por Racamonde (21 de maio)
O mesmo sábado 21 faremos outro deses paseos de tarde, son suavitos, este é todo costa abaixo ate o castelo de Naraio

Serra da Loba – Guitiriz (22 de maio)
Esperemos que esta vez non neve, así dado que os día son un pouquiño mais longos, imos meterlle uns catro kms mais e saldremos de novo dende o alto de Moncoso

Ares: Asociación Bimares.

  • 22 de maio : Sendares (30 OU 40 Kms).
  • 12 de xuño : BTT 40 A 45 Kms.

    VII Marcha a Teixido (11 de xuño)
    Para brav@s e locuel@s, volvemos a facer esa barbaridade de 50qms en menos de 12 horas, a partires do vindeiro 18 de maio abrimos a inscripción, 250 máximo

    Charlas ciclo “30 ANOS ASCENDENDO”
    Imos facer un pequeño ciclo de charlas (20h no local):

  • 12 de maio: Percorrido polo Ourense monumental (Xan Ramírez)
  • 19 de maio: Flora das serras de Galicia (Moncho Seage)
  • 26 de maio: fauna das serras de Galicia (Moncho Seage)
  • 27 de maio: Ferrol no ó Aconcagua (Carlos Bra e José M.Fernandez)
  • 2 de xuño : Montaña galega e medioambiente (Xan Ramírez) As que se fagan no clube logo faremos un pequeño debate entorno a un pincho

    Privacidade de datos
    Nin cedemos telefonos, nin enderezos, nin correos electronicos. O feito de ser socio do Clube, implica unha total privacidade nos datos, asi que non vos pareza mal, e norma comun e e polo ben de todos, nestes tempos de tanto ¡SPAM!

    Temos a venda no clube, BASTÓNS de moi bo deseño e a moi bo precio (ademais da mel, metopas, etc)