Circulares

Circular Marzo 2005

SUSPENDER ACTIVIDADES
E a primeira vez que nos pasa. Que nos quedemos sin comida,¡Vale!, Que nos perdamos ¡Vale tamén!, pero que unha nevada nos deixe na casa¡… Iso e a primeira vez que ocurre. A verdade e que nunca estamos de acordo, e mira que levabamos un inverno, bastante bo. E de esperar que a primaveira, nos deixe facer, asi que a partires de agora,¡…a disfrutar do monte! Ahi vos van todas as actividade para os dous vindeiros meses, mais algo mais. Asi que idevos apuntando, que cada saia ten a sua cousa bonita. Amigos e colaboradores de Ares, acaban de crear a Asociacion BIMARES, ahi vai un adianto do seu programa.

PASEOS DE TARDE
Puxemos en marcha o noso calendario de paseos de tarde, en colaboración con AMICOR, isto non quere decir nin que hai que ser montañeiro, nin que hai que ser cardiopata, simplemente coincidimos en que temos que camiñar, que é bo que é san, e polo tanto, facemos unhas marchiñas os sábados pola tarde, para goce y disfrute do pesonal (sin non neva), as seguintes son:

  • 12 MARZO Montes de Brión: 16h en Confurco
  • 9 ABRIL (a adiantamos) S. xurxo – Doniños: 16h na explanada San Xurxo

    SERRA DA LOBA – GUITIRIZ
    De todos xeitos o pecorrido, o faremos en Maio en vez da saída o Barbanza, o día 22, partiremos da zona de Cambas, ermita de San Vitorio, campo de mamoas, comeremos na área de San Juan de Lagostelle, pasaremos por Fanego e remataremos en Guitiriz despois de pasar por Sete Muiños

    FRAGAS DO EUME
    – 24 de abril (en colaboración co Club montañeiros Celtas) Temos previsto encargar un día bo, sen choiva e poder disfrutar por fin dunha boa saida, na primaveira por esas impresionates fragas, viran os amigos de celtas, de Vigo, e esperamos que disfruten un bo día no norte

    ARES: ASOCIACION BIMARES.

  • 23 ABRIL : CENA-ANDAINA (14/15 KMS SAIDA 21H)
  • 22 DE MAIO: SENDARES (30 OU 40 KMS).
  • 12 DE XUNO: BTT 40 A 45 KMS.

    DONACIONES DE SOCIOS
    Recentemente, varios socios nos trasladaron, algún material: Por un lado, Pilar, nos trasladou unha colección inmensa de revistas de National Geographic, algunha en castelán e outras en inglés. Por outro lado Juan y Angeles, nos deixaron unha mochila-silla para portear rapaces pequenos. O primeiro é interesante para todo o mundo, o segundo para socios moi especiais.

    PRIVACIDADE DE DATOS
    Nin cedemos telefonos, nin enderezos, nin correos electronicos. O feito de ser socio do Clube, implica unha total privacidade nos datos, asi que non vos pareza mal, e norma comun e e polo ben de todos, nestes tempos de tanto ¡SPAM!