Circular Febreiro 2003
Estimados Amigos:
Ben empezamos ó 2003.Xa levamos 3 actividades, e todas con tempo, como para poder disfrutar delas.
A última, a de Trevinca, foi unha auténtica gozada, pois xuntouse un tempo despexado, con neve, con boa temperatura, en definitiva unha impresionante ascensión ó Maluro, e unha vista inigualable. Para moitos que se estrenaban, foi sen dubida un regalo. Febreiro tamén aparece cheo de actividades, e ademais imos plantexar diversas iniciativas, que desnrolaremos a continuación:
- Proximas actividades
- Aulas Verdes
- Alta montaña Invernal na Cordilleira Cantábrica
- Cursos
- Limpeza de sendeiros
Pero antes de rematar, esta breve introducción, expresar o noso agradecemento ó noso amigo asturiano Cirino Tirador, coñecido por todos os que algunha vez estivemos en Cerulleda, que nos enviou un maravilloso dossier de rutas de senderisimo en Asturias.
::ACTIVIDADES:
ANCARES serán os vindeiros 8 e 9, despois de un ano sen ir alí esperamos, que as instalacións do albergue esten mellor. Temos noticias de que así é. Esperamos ascender o Penarrubia, mellor que da última que dimos un pequeño rodeo. A Cena o almorzó e a pernocta vai todo xunto para así facer o menos posible. Esperemos reencontrarnos con Ancares con motivos para voltar.
LAGOA DE DONIÑOS, o día 15 sábado nos desplazaremos para contemplar dende un punto de vista mais medioambiental, o ecosistema ferrolan mais completo. Facede correr a voz para aqueles que quera dar un volta un sábado sen machacarse moito e aprendendo con Felix e Marcos
ALTO SIL – SOMIEDO LEONÉS, segunda edición do campamento invernal, no entorno do pobo da Cueta. Rodeado de montañas de 2000 mts, no máis impresionante dos paraxes leoneses, será con saída o 14, e actividade o 15 e 16. Acampando no monte e en travesía. É unha experiencia que merece a pena. Apuntadevos para ter unha xuntanza e organizar a sáida.
CURSOS: Os cursos que informábamos da EGAM, están en marcha, ténbcias invernais e corredores, están en marcha. Para aqueles que queredes empezar a sentir o neve, o primeiro é ideal. O segundo para os que xa sabendo queran vivir unha experincia impresionante como é subir un corredor xeado
::Licencia de Radioaficionado Tipo B (ECO BRAVO UNO)
Nos derradeiros tempos varios compañeir@s, nos metimos a sacar a licencia de radioaficcionados, todo un mundo. E un tema que non é dificil, pero hai que adicarlle algo de tempo. Agora temos dous compañeiros (Daniel e Marino) que este temas os dominan a perfección, e nos preguntamos se alguén estaría interesado en sacar este diploma, para montar un pequeno curso e orientar o examen . Esto somentes é unha idea, pero si hai xente suficente e horario, podese mirar a posibilidade.
::Senderismo
Temos previsto exectuar un plan de sinalización e mantemento dos sendeiros que temos a cargo, así o faremos os sábados antes de cada saída de senderismo, polo tanto se queres vir a botar unha man, dar un paseo, e pasar un sábado o aire libre con pouca xente e gastos cero euros, podes apuntarte, a calendario será
1 de Marzo – PRG23 Canido – Balón – Brión – A Cabana
15 de Marzo – PRG6 (San Felipe – Brión)
::Cuotas
As cuotas se actualizaron con o IPC do ano pasado, sabedes que foi de un 4%, polo que pasan a ser da seguinte manera:
CUOTA DE ENTRADA POR SOCIO:
12 eur. (só os 2 primeiros da unidade familiar maiores de 18 anos)
INDIVIDUAL
-Maiores: 9.45 eur. trimestral (3.15 eur, mensual, 37.8 anual) Os maiores de 65 teñen licencia federativa gratuita.
– Menores de 14 anos: 3.60 eur. trimestral (1.20 eur. mensual, 14.4 anual), teñen dereito a licencia federativa gratuita.
FAMILIARES
- O sistema de cuota familiar ten un mecanismo de desconto proporcional:
- 2 socios – desconto 10% sobre as cuotas
- 3 socios – 20 %
- 4 socios – 30 %
- 5 socios – 40 %
- 6 socios en adiante – 50%
::Compra de mapas
Imos facer un pedido de mapas de 1:25.000 ó Instituto Xeografico Nacional. Se alguén quere facer algún pedido non tes mais que deci-lo en secretaria antes do 12 de febreiro
::Ampliación do fondo de libros na biblioteca
- A Concellería de Cultura, nos cedeu os seguintes volúmenes:
- Ramón Piñerio – Galicia
- Concepción Arenal
- Ferrol en Torrente
- El Ferrolano Un habla local
- A Guerra civil na comarca
- Jose Lucas Labrada
- Ernesto Guerra da Cal
- Escolma de bandos de Ferrol
- Santa Comba Referente arqueoloxico
- Jose Lopez Bouza
- Corazóns amolecidos de salitre
- Se as aves insistisen na ledicia
::Rocódromo
A partires do pasado 31 de xaneiro, xa non sirve a tarxeta de acceso ó rocódromo do ano pasado, polo que é necesario actualizala. Sabedes que hai que estar feerados así que pasade pola secretaría.
::A Licencia Federativa
A estamos remitindo a medida que vai chegando, se non te chega, confirma que a tes pedida, pois tivemos varios problemas co banco.