Escalada

RAID Social Monfero 2011

O domingo 27 de febreiro,tiña lugar en Monfero,o  quinto “RAID Social” organizado polo clube.A proba,que tiña un formato similar a un RAID de liga galega ,constaba de duas etapas,unha de trekking e outra combinada de bicicleta e kayak.

Coa primeira luz do dia ,comezaban a chegar os primeiros equipos ó Camping de Monfero,lugar de partida e chegada de todalas etapas.Coarenta e catro equipos,de duas personas que tiñan por diante o reto de percorrer casi 60 Km repartidos nas tres modalidades.

Pero o verdadeiro reto desta proba non eran as distancias,senon os desniveis.Con 600 metros positivos na proba de trekking e mais de 1300 m na de bicicleta,as pernas serian as que mais sufrimiento acumularian neste dia.

A esto debia añadirse unha etapa de kayak,donde os calambres e o frio amenazarian os xa maltrechos musculos.

O dia amaneceu despexado ainda que algo frio.Tras unha breve expricacion das etapas,dabase a saida un pouco despois das dez.

O primeiro desafio era atopar os mapas,que a organizacion ocultara ,con moi mala uva,nos arredores do camping.Un escueto croquis ò estilo mapa do tesoro,obrigaba a contar pasos en varias direcions ata chegar a eles.

Xa co mapa na man,a metade dos equipos saian en bicicleta e a outra a facer o trekking.Serian estos ultimos os que sufririan un pouco mais o frio,con parte do trekking ainda en sombra e a chuvia recibindoos ó chegar os kayaks.

As balizas do trekking non supuxeron problemas para a maioria dos equipos,atopandoas con bastante facilidade.Na etapa de bicicleta,ademais da profusion de cruces,que obrigaban a comprobar ben o percorrido,habia duas balizas escondidas en sendos muiños.Aqui a forma fisica quedaba de lado,e era a habilidade para moverse na mais tipica vexetacion galega,a que marcaba as diferencias.

A etapa de kayak tiña 4 balizas distribuidas en distintas entradas e ramales do embalse,e unha mais nunha bolla de nivel no medio de este.Os equipos orientaron con bastante precision e foi a entrada e saida ós kayaks,o  que ofreceu mais dificultades.Situada nunha resbaladiza e inclinada ribeira,obrigou a mais de un a mollarse mais da conta.

O sol volveu a sair a media tarde e axudou a secar os xa agotados raiders,que enfilaban  o traxecto de volta ó camping.O mirador da Carbueira alegraba a vista no medio dunha larga subida,onde xa todolos equipos sumaban moito desnivel nas pernas.

Unha hora antes do peche,chegaba xa o  equipo de Bombeiros de Coruña con todalas balizas collidas.Cinco equipos do club Gallaecia e un do clube de montaña os seguian de cerca tamen con todo,sendo por tanto sete, os equipos que lograrian completar o percorrido completo.

O resto dos equipos terian que escoller que balizas deixar para intentar clasificarse o mellor posible,sin pasarse da hora,logrando mais da mitade chegar con  mais de 20 no seu haber.

Pese a que a proba non tiña caracter de competicion,a maioria dos equipos loitaron e se esforzaron como o que mais,demostrando o bon nivel que temos en Galicia neste tipo de competicions.

Para o final quedaba a discusion das mellores “xogadas”,o pique e vaciles entre amigos e os honrosos arañazos de silvas e toxos galegos,para mostrar a dureza do percorrido elexido.

A proxima cita sera xa un RAID “de verdad” e medo da pensar o que poden dar de si estos equipos cando na meta os espere un podium.

Aqui quedan as clasificacions para ver ….o que fixeron os demais

Clasificacions raid social monfero 2011