Noticias

ENTREGA DA DISTINCIÓN DE SOCIO DE HONRA A FRAN CANOSA

Este pasado venres 20 de decembro tivemos varias actividades de carácter interno no local social do club, na rúa Coruña 102.

Un intre da asemblea

Comezamos coa celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria, á que corresponde a imaxe que figura a carón deste texto. A seguir desta reunión, as socias e socios presentes participamos na entrega da distinción de Socio de Honra da entidade ao noso compañeiro Fran Canosa, doutor en Xeoloxía, colaborador do club e impulsor entre outras moitas actividades, da consideración do Ortegal como Xeoparque, que semella vai por bo camiño.

Compartindo viandas e conversa no tradicional pincho do Club

Acto breve pero sempre emotivo, como podedes ver na foto que encabeza esta noticia, e que quedara adiado por motivos de axenda de Fran desde o pasado mes de xuño, no que se acordara o seu nomeamento, xunto co dos ex-directivos do club Ángel Folgar e Maxi Rodriguez, aos que homenaxeamos na xuntanza polo San Bernardo no Forgoselo.

E para rematar a velada, nada mellor que celebrar o pincho de confraternidade co que pechamos o ano montañeiro, anque como sabedes, antes da costa de xaneiro aínda temos un feixe de actividades para estes días de Nadal e que xa vos adiantaremos en breve.

Desde esta páxina só queda desexarvos FELICES FESTAS E QUE TEÑADES UNHA BOA ENTRADA NO VINDEIRO ANO!

O riquísimo roscón que fai a nosa compañeira Mónica