ARRINCA A TEMPADA DE ORIENTACION

Esta fin de semana arrincaba de novo a competición das ligas de orientación despois o correspondente parón estival. Moi preto, en Coirós, preparábase a cuarta proba de orientación en bicicleta de montaña (OBM) da Liga Española.

Até aló desprazáronse varios socios en representación do club. A competición clasificaba tamén para a Liga Galega onde algúns dos nosos integrantes están a loitar polos primeiros postos. A competición constaba de dúas probas, unha o sábado pola tarde, en Distancia Longa; e outra o domingo pola mañá en distancia curta.

A suma de ambalas dúas probas daría o resultado final para a Liga Española. O sábado, os nosos compañeiros de Brigantia prepararon unha proba durísima. Xuntouse un cúmulo de circunstancias que propiciaron que vaia ser lembrada como a proba máis dura do calendario: moita xente chegaba fóra de punto despois do parón estival, sumándolle o terreo moi roto e duro, con moito desnivel, e a calor… o día fíxose un inferno. As caras dos participantes dicíano todo, e houbo varios casos de insolación e deshidratación…

O domingo amenceu un pouco máis fresco e as saídas ás 10 da mañá agradecíanse para tentar escaparlle á calor. A proba era distancia media, moito máis rápida e precisa na orientación… a rede de camiños pegados a varios ríos fixo as delicias dos competidores que, case todo á sombra.  No cómputo global das dúas competicións en M-50 Antonio López Peiteado meteuse 4º da Xeral e 2º Galego. Óscar Fernandez en categoría Elite 11º da Xeral e 4º Galego. E Cristina López 2º da Xeral e 2º Galega conseguindo así o podium para o CMF.

A maiores o domingo reaparecía un exiliado ás antípodas: Antonio Couce, que na sua categoría quedaba en 1ª posición ao ser o único desa idade en atreverse a realizar unha proba deste estilo… Benvido! e agardamos verte en máis carreiras!