ActividadesEscalada

Rocódromo en xuño para ir pechando o curso por todo o alto

Este mes de xuño seguimos coas xornadas de iniciación á escalada. Desta volta o mércores 13 de xuño tedes a vosa cita preferida coas alturas baixo cuberto. Como sempre en dúas quendas, de 19 a 20 horas, e de 20 a 21 horas , para que escollades a hora que mellor vos conveña.

Esta é unha actividade indicada para xente de todas as idades. Conta con prazas limitadas polo que require inscrición previa. Se queres inscribirte ou precisas máis información contacta aquí.