Cotas e Vantaxes para socios/as (2024)

ENTRADA POR SOCI@:

  • 12 € (só os dous primeiros da unidade familiar maiores de 18 anos).

MAIORES DE 14 ANOS (base de 5,8€ mensuais):

  • 17,50€ en cota trimestral ou 65€ en cota anual(*) (o pagamento anual aforra 4,6€).

MENORES DE 14 ANOS (base de 2,65€ mensuais):

  • 7,95€ en cota trimestral ou 28€ en cota anual(*) (o pagamento anual aforra 3,80€).

*No caso de cota anual, a primeira vez cobraráse a parte proporcional até o 31 de decembro, a partires de aí, cóbrase o ano natural.

COTAS FAMILIARES (aqueles que comparten a mesma conta):

  • 2 socios/as: desconto do 10% sobre as cotas.
  • 3 socios/as: desconto do 20% sobre as cotas.
  • 4 ou máis socios/as: desconto do 30% sobre as cotas.

COTA PARA DESEMPREGADOS/AS:

  • Con máis de 1 ano de antiguedade no club: 25€ en cota anual(**)

**Para se beneficiar deste desconto, no momento do pagamento na secretaría do club hai que amosar un documento actualizado que acredite a situación de desemprego.

COTA “MINISTRO DASTIS”:

«Quienes salen fuera lo que muestran es una inquietud, una amplitud de miras, una adaptabilidad a nuevos horizontes… Ir fuera enriquece, abre la mente, fortalece habilidades sociales» (Dastis dixit).

  • 1€ en cota anual. Por mor da situación socioeconómica, esta cota simbólica ofrécese a todos aqueles membros do club que residen fóra de Ferrolterra e non poden participar –ou só poden facelo de xeito esporádico– nas nosas actividades, mais que queren seguir coa vinculación á entidade mantendo a súa condición de socios/as. No momento do retorno, a cota voltará a ser a de socio/a numerario/a. Esta cota poderá mudar de nome no momento en que algún outro persoeiro ilustre teña outra ocorrencia máis acaída ca a do ministro Dastis.

ACTUALIZACION ANUAL DAS COTAS:
O incremento da cota será automático e anual, tomando como referencia o IPC do ano anterior, redondeando os céntimos de euro da cota mensual até o seguinte múltiplo de 5.

VANTAXES ECONOMICAS DE ASOCIARSE AO CLUB

En saídas (que non estean bonificadas, e pagando no local):

  • 2 socios/as desconto do 10%.
  • 3 socios/as desconto do 20%.
  • 4 ou máis socios/as desconto do 30%.

A participación de non socios/as dentro deste grupo descontará un 5% c.u.

SE XA TES UN ANO DE ANTIGUEDADE E A LICENZA DO ANO ANTERIOR POLO CLUB

EN MONTAÑA:

  • Maiores de 65, licenza federativa autonómica de balde (ou diferenza co resto).
  • Os infantís, que dependan dun maior, socio/a federado/a no club (cun ano de antiguedade), licenza federativa autonómica de balde. (ou diferenza co resto).
  • Actividade privada internacional: diferenza con custe da autonómica que non sexa subvencionada, coa internacional básica, con actividade prioritaria deportiva, a xustificar cunha breve memoria, foto e características da actividade.
  • Cursos montaña (formativos, non de capacitación) 20% da matricula (EGAM-EEAM).
  • Competicións ou actividades de calendarios oficiais de Galicia como membros do club: inscrición e quilometraxe.
  • Fóra de Galicia a inscrición.
  • Expedicións ou competicións no estranxeiro: a estudar previa presentación do proxecto, sempre que se acuda como C.M.F. 

ORIENTACIÓN E RAIDS, CONDICIÓNS COMÚNS: subvenciónase o importe reducido da inscrición, sen incluír recargas por inscrición fose do prazo correspondente. Competirase representando ao Club Montaña Ferrol – Alpinista Abrente 1935-36. En probas por equipos os nomes serán de forma “MONTAÑA FERROL + Nome do Equipo”. No caso de que os equipos teñan compoñentes que non sexan socios, subvencionarase a parte proporcional ao número de socios. Presentaranse clasificación e inscrición

XUVENÍS E INFANTÍS: importe da inscrición en todas as probas nas que participen e a licenza no momento en que participen na primeira.

ORIENTACIÓN/RAIDS LIGA GALEGA: en calquera caso, deberase participar en polo menos o 60% (número enteiro máis próximo) do total de probas da liga. 100% da inscrición se se clasifica entre os 10 primeiros. 50% da inscrición se se clasifica entre o 11º e o 20º. O total de subvencións liquidarase ao finalizar a tempada.

Licenza federativa gratis ao ano seguinte (mesmo tipo que a anterior ou a diferenza) para os que participen nun mínimo do número enteiro superior á metade do total de probas de Liga Galega

LIGAS NACIONAIS e PROBAS INTERNACIONAIS: a estudar, previa presentación da petición á directiva, sempre que se acuda como Club Montaña Ferrol – Alpinista Abrente 1935-36.