Inscricións

Condicións xerais de inscricións nas actividades organizadas polo club

O prazo de inscrición ás actividades convocadas polo club ábrese de forma xeral os luns anteriores á semana de celebración da actividade, salvo naquelas actividades nas que se indiquen específicamente as datas de inscrición.

A ficha da actividade publícase na web ou envíase á lista de distribución por correo electrónico no mesmo día de apertura das inscricións, anque podes haber excepcións dependendo da organización da propia actividade ou do calendario en xeral.

Non todas as actividades son iguais, nin todas teñen a mesma complexidade organizativa ou de dispoñibilidade de socios/as e voluntarios/as que colaboran no seu desenvolvemento.

Unha vez aberto o prazo de inscrición, faise a listaxe de inscritos/as co único criterio da orde de inscrición.

Queremos suliñar que o Club de Montaña Ferrol é unha entidade deportiva, non profesionalizada. As compañeiras e compañeiros que levan adiante o desenvolvemento das diversas actividades non están a prestarvos unha contraprestación ou un servizo. Participan –compartindo os seus coñecementos e habilidades– en pé de igualdade e condicións co resto de socios/as e demais participantes da actividade.

O Club non é unha empresa de actividades de ocio ou tempo libre. Temos unha capacidade para desenvolver as actividades que programamos limitada pola dispoñibilidade de persoas colaboradoras, material, etc., polo que as actividades estarán dimensionadas no seu número de participantes en función destas condicionantes. Por poñer un exemplo: non é o mesmo facer unha marcha de sendeirismo pola mañá que unha saída aos Ancares, ou á Cordilleira Cantábrica… e non é o mesmo facelo en verán ca no inverno.

Faltan profesionais aos que recorrer, e moitas veces esquéces que quen organiza, en definitiva, leva consigo unha responsiblidade sequera moral, para desenvolver as actividades nas mellores condicións posibles. Facemos un chamado a todos aqueles/as que queiran participar na organización ou desenvolvemento de actividades, estamos abertos a propostas e podemos estudar a súa viabilidade.

Club de Montaña Ferrol