DE NOVO RECUPERANDO A HISTORIA: @S ABRENTISTAS A FRANZA
Pois o 12 de decembro do 1935, os noso antecesores camiñaron polas terras de Franza, rematando no Casino “el Progreso”
Así que o domingo 24 as 10, daremonos cita para facer unha circular polas terras “Franzesas” como dicían daquela: A capela do Lodairo, a Escola Laica, onde o historiador Miguel Rodriguez, fará unha semblanza desta escola e mais do Casino, logo percorreremos o Seixo, o xacemento roman de Noville e Capela de San Vitorio.
Así camiñaron e así os lembramos