OUTONO DE COGOMELOS, E SENDEIRISMO NO MELLOR DO BELELLE (DOMINGO 27 DE OUTUBRO)
O domingo 20 de outubro estivemos na Gañidoira, en Muras, facendo un paseo micolóxico da man do noso compañeiro Marcos, fermosa mañá de outono da que vos deixamos unha galería de imaxes máis abaixo na páxina.
Lembrade que as vindeiras actividades, para este domingo 27 de outubro, están deseñadas como un roteiro de 17 km polo mellor da nosa ruta do río Belelle, e por outra banda, para quen queira gozar da mañá con tranquilidade e cun aspecto máis didáctico, faremos unha saída interpretativa de 6 km aproximadamente pola contorna de Maciñeira:
1. O mellor do Belelle actividade de dificultade e esforzó medio duns 17 km de distancia.
- Saída 10:00h.
- Lugar de saída: Aparcadoiro de colexio Maciñeira (https://maps.app.goo.gl/MmbLNvqgg5BwRAyg8)
- Límite: 50 participantes.
2. Interpretación do Belelle: ruta interpretativa na area do Belelle da man da xente de Pegadas Culturais, dunha distancia de 6km aprox.
- Saída: 10:00h.
- Límite: 15 participantes.
- Lugar de saída: Aparcadoiro de colexio Maciñeira (https://maps.app.goo.gl/MmbLNvqgg5BwRAyg8)
IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA!
Último día de inscrición mércores 23 para os non federados e o venres 25 para os federados.
Prezos:
- Socios anteriores a 01/06/24 federados: 11€
- Socios anteriores a 01/06/24 non federados: 13€
- Socios posteriores a 01/06/24 federados: 15€
- Socios posteriores a 01/06/24 non federados: 18€
- Non socios non federados: 20€
- Nenos socios: 5€
- Nenos non socios: 10€
Pódese realizar o pagamento nas nosas oficinas do club no horario de apertura (luns, mércores e venres de 19:30 a 21:30), o u mediante transferencia bancaria na seguinte conta:
Abanca ES80 2080 0200 4630 4008 4038
Galería da actividade no Xistral (20 de outubro de 2024):