EscaladaNoticiasRocódromo

NOVA PAREDE NO ROCODROMO

 O C. Montaña Ferrol – Alpinista Abrente, agradece ó Concello e ao seu Concelleiro de Deportes, Ricardo Aldrey, polos avances que se están facendo nunha instalación que aínda que se está quedando escasa, está a facer que sexa unha instalación deportiva apetecible a todo o mundo.

Así despois que a anterior corporación, con Antonio Golpe, como concelleiro, renovase a parede que no seu día pechara o Concelleiro Suso Basterrechea sen solución de reapertura, este concelleiro xa contratou unha revisión técnica da parede, así como unha serie de investimentos menores de seguros e colchóns, e con esta nova tempada renovouse a chamada “parede de travesía” que construíran membros do club, de maneira artesanal, como iniciativa do vogal do club Luis Marcos, e fondos económicos do propio club e de deportistas

De está maneira queda unha zona completamente certificada, cunha zona baixa extraplomada ao alcance de todos os usuarios, pero á vez algo esixente.

Pola súa banda o club, dentro das súas posibilidades activa as súas 3 accións deportivas no roco:

  • Por unha banda un taller semanal, permanente para federados en escalada,

  • Por outro os bautismos de escalada para xente a partir dos 4 anos unha vez ao mes (o próximo 22 será a seguinte) ,

  • E unha práctica quincenal para socios e federados coa propia entidade.

Desde a entidade deportiva trasládase cada pouco a necesidade de ir cara a unha instalación que sexa homologable para as competicións de hoxe en dia, como ten Lugo, pero sabendo como o deporte en Ferrol, quedou relegado polas diferentes corporacións desde que se desfixo o Padroado como ente autónomo.

Aínda que un novo rocodromo non ten cabida na actual formulación da cidade deportes, pero seguirase insistindo nesa liña.

XA SABEMOS QUE HAI XENTE QUE FALA DE QUERE MOITO MAIS..PERO SOLO OS ESCOITAMOS, NON OS VEMOS!