ActividadesRocódromo

ACTIVIDADES DE ESCALADA NO ROCÓDROMO EN OUTUBRO

Estimad@s soci@s: informámosvos de varias actividades que imos desenvolver no rocódromo:

1/ MARTES DE ESCALADA: para aqueles que queiran poñerse un pouco o día nisto do rocódromo, da man do noso compañeiro Luis. Ollo, NON SE TRATA DUN CURSO, é unha PRÁCTICA, dirixida a aqueles soci@s e federad@s nosos maiores de 16, en horario de 17:00h a 19:00h. Será os martes 8 e 22 de outubro, previa inscrición.

2/ XORNADA DE INICIACIÓN Á ESCALADA: o mércores 23 de outubro terá lugar unha nova xornada, para participar é imprescindible cumprimentar este formulario:

Os nenos poden participar a partir de 4 anos. as cotas de inscrición son:

  • Soci@s federad@s de balde.
  • Nenos socios, non federados 1€.
  • Nenos non socios e non federados 2€.
  • Adultos non socios 6€.