ActividadesNoticiasRutasSendeirismo patrimonial

DOMINGO 7 DE XULLO: ACTO DE HOMENAXE NO “MONTE DOS POETAS”

Pouco nos queda xa antes do peche do verán, pero o día 7 de xullo  estaremos de novo no Monte de Brión – Monte dos Poetas como dixeron os nosos antergos do Club Alpinista Abrente. Este ano escolleremos outro miradoiro natural, desta volta na zona de enriba d’A Graña para homenaxear a Eduardo Pondal, como fixeran no ano 1935. Estaremos da man da AVV de Brión e dos Comuneiros do Chá.

PUNTO DE REUNIÓN: ÁS 10 DA MAÑA NA ENTRADA DO ANTIGO CAMPO DE FÚTBOL DA CHEIRA (POR ENRIBA DA IGREXA).