ActividadesNoticias

UN ANO MÁIS: SAN BERNARDO

O pasado 23 de xuño, tomando como desculpa a celebración do noso patrón (e pese a que o verán non da chegado) aló marchamos até as instalacións da S.C.R. Os Loureiros de Lavandeira (Cabanas), que un ano máis cedeunos o seu espazo de lecer, para xuntarnos e para facer a tradicional churrascada e comida de confraternidade, que acompañamos para a sobremesa cunha rutiña cara ó Alto da Serra, para ver desde aló arriba, a vista de paxaro, o mosteiro de Caaveiro, no corazón das fragas do Eume.

Pouco nos queda xa antes do peche do verán, pero o día 7 de xullo  estaremos de novo no Monte de Brión – Monte dos Poetas como dixeron os nosos antergos do Club Alpinista Abrente.

Este ano escolleremos outro miradoiro natural, desta volta na zona de enriba d’A Graña para homenaxear a Eduardo Pondal, como fixeran no ano 1935. Estaremos da man da AVV de Brión e dos Comuneiros do Chá.

PUNTO DE REUNIÓN: ÁS 10 DA MAÑA NA ENTRADA DO ANTIGO CAMPO DE FÚTBOL DA CHEIRA (POR ENRIBA DA IGREXA).