INICIACIÓN Á ESCALADA POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER #8M
Co gallo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, imos organizar en colaboración co Concello de Ferrol, unha actividade de INICIACIÓN Á ESCALADA no rocódromo da Malata, coa axuda de dúas socias colaboradoras, co obxecto de ter un primeiro contacto coa escalada.
Quen pode participar: mulleres adultas e nenas a partires dos 8 anos. As nenas deben ir acompañadas de nai/pai/titor.
Cando: martes 5 de marzo
Horario: 2 quendas de 19:00h – 20:00h e 20:00h – 21:00h
Prazas: 15
Deberedes enviar un correo con toda a información solicitada a secretariacmf@gmail.com
Para participar deberedes enviar a este correo: nome, apelidos e número de DNI ou tarxeta sanitaria (se a nena non ten DNI), data de nacemento e número de teléfono.
A CONFIRMACIÓN DE PRAZA: comunicarase por correo electrónico.