ActividadesDestacadoEscaladaNoticiasRocódromo

OUTONO DE ESCALADA NO ROCÓDROMO

ATENCIÓN! POR CAUSAS DE FORZA MAIOR (INUNDACIÓN) AS ACTIVIDADES NO ROCÓDROMO ESTÁN SUSPENDIDAS ATA NOVO AVISO

Chega o outono e nada mellor que practicar o noso deporte favorito a cuberto das inclemencias, no rocódromo da Malata. Temos variedade de actividades, algunhas puntuais e outras para as que se require participación regular:

Bautismo Vertical (Iniciación á escalada)

Comezamos co taller de Bautismo Vertical do rocódromo, para todas as idades. Será o vindeiro mércores 27 de setembro, imprescindible inscribirse neste formulario https://forms.gle/bV1tbAVRtVraKFsBA

Taller de escalada dos mércores

Faremos dúas quendas para que poidan participar todas as persoas interesadas: o primeiro obradoiro terá lugar desde outubro a decembro, todos os mércores pola tarde (agás o mércores de bautismo). Chamamos á responsabilidade das persoas inscritas: non se trata de asistir cando vos cadre, requírese o voso compromiso na asistencia para que esta actividade sexa estable.

Martes de escalada

Os martes pola tarde haberá quedadas para aqueles federados maiores de 16 anos que queran facer prácticas e intercambiar coñecementos. Esta actividade tamén require inscrición previa.