DestacadoNoticias

O ALCALDE E O CONCELLEIRO DE DEPORTES VISITAN O CLUB

Despois dun contacto  no verán coa Concellaría de Turismo, e a presenza do Concelleiro de Deportes Ricardo Aldrey no acto de rememoración de Abrente en Brión,  foi o alcalde José Manuel Rey, xunto co propio concelleiro, os que visitaron primeiro o local do club, onde foron informados dos 50 anos da historia da nosa entidade, e doutras das actividades de dinamización do entorno natural que facemos.

O alcalde comprometeu en ter unha vía aberta de diálogo para todos os temas que prantexemos, e intentar poñer ao día a área de Deportes, que hai anos o club ven reclamando.

Na posterior visita ao rocódromo, coñeceu de primeira man todas as actuacións que se lograron facer co goberno anterior, pero tamén todas as carencias que hai neste momento.

O seguinte paso e manter unha xuntanza de traballo máis concreta co concelleiro de Deportes así como coa titular de Turismo.