SENDEIRISMO POLA COSTA DE RIBADEO… PARA IR ABRINDO BOCA
Retomamos as actividades, a escalada xa a vai vir, a marcha nórdica terá un oco en outubro, e para camiñar, que mellor que empezar cunha andaina entre a Praia das Catedrais e Ribadeo. Pouco mais de 20 km que a pouco que non faga malo, será un percorrido sen esforzo e interesantísimo.
- SAÍDA: 8:30 h. O desprazamente será en autobús. A parada estará fronte o Centro Cívico de Canido, na rúa Poeta Pérez Parallé.
- A duración da viaxe será de 2h de ida e 2h de volta aproximadamente.
- Trátase dun percorrido duns 24 km aproximadamente.
HAI QUE INSCRIBIRSE PREVIAMENTE (última data para inscribirse: 22/09/2023 ou cando se esgoten as prazas por orde de inscrición).
Máis información:
COTAS:
- Non socios/as: 35 €.
- Socios/as con tarxeta federativa en vigor:
- Anteriores a 01/01/2023: 16 €
- Posteriores a 01/01/2023: 22 €
- Socios/as non federados/as:
- Anteriores a 01/01/2023: 20 €.
- Posteriores a 01/01/2023: 26 €