PECHE DE ACTIVIDADES: HOMENAXE A ROSALIA
Como empezamos a facer o ano pasado a nosa derradeira actividade antes de sair de vacacións e esa homenaxe o nosos antecesores do Grupo Alpinista Abrente, ali onde eles denominaron monte dos poetas: Brión.
Ca ausencia de Asociación de veciños por mor do pasamento do noso amigo e presidente deles Jose Oreona, pero entre os montañerios e os Comuneiros do Chá de Brión e Doniños, se rememorou ese suposto miradorio a Rosalia de Castro que no ano 1935 denominaron aqueles mulleres e homes amantes da natureza. cunhas vistas impresionantes da boca da ría e versos da nosa poetisa, en boca das nosas compañeiras e actrices, Sol e Chus.
Por primeira vez nestes actos, contamos ca presenza de representación municipal, con novo concelleiro de deportes Ricardo Aldrey, recén aterrado no cargo , e sendo este o segundo evento o que acude, o cal é de agradecer.
Así pois nos imos todos a desfrutar da montaña, cada un pola sua conta ata fins de agosto que volverá a abrilo local do club e as actividades alo por setembro.
Vemonos en setembro e sobre todo no monte! feliz verán