NOVA HOMENAXE AO GRUPO ALPINISTA ABRENTE
Este domingo 9 de xullo, e como xa fixemos o pasado ano, sairemos de novo para homenaxear ás nosas antecesoras e antecesores do Grupo Alpinista Abrente alá onde eles máis difusión fixeron: no Monte dos Poetas que crearon no Chá de Brión aló polos anos 30 do pasado século.
Ás 10 da mañá, antes de que o sol aprete, xuntaremonos no lugar do Viso, para sair camiñando nun percorrido de apenas media hora, subindo até a Pena dos Namorados, que os compañeiros da Comunidade de Montes do Chá limparon e acondicionaron para a ocasión, e que pasará a se nomear Miradoiro de Rosalía, en lembranza dun daqueles oito que crearan os nosos precursores alá polos anos 1935 e 1936… collede o gorro, protector solar, algo de auga e os bastóns, agardámosvos!