MARCHA COSTA ÁRTABRA: UN ANO MÁIS, GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!
O sábado 10 de xuño celebramos a VIII marcha da Costa Ártabra, os 50 km a pé de Ferrol… fixo calor, había moita humidade, pero había folgos para camiñar e gozar dos fermosísimos recantos que agocha o noso concello. Deixámosvos aquí a valoración do noso presi para @s compañeir@s da FGM. Desde Santo Antonio da Cabana (que andan estes días de patrón) e coa ría de Ferrol ao fondo, agradecemos a vosa participación un ano máis… vémonos na vindeira!…e non marchedes aínda, porque faltan as fotos, que xa están publicadas no BLOG DA MARCHA COSTA ÁRTABRA – OS 50 KM A PÉ DE FERROL.