DestacadoNoticias

FOISE UN COMPAÑEIRO DE CAMIÑO: JOSÉ OREONA

José Oreona, segundo pola dereita, falando no acto de lembranza no Monte dos Poetas, no Chá de Brión.

Dende as 25 edicións que compartimos da Batalla de Brión, até a rehabilitación do refuxio de Monte Fontelo que tivemos durante 10 anos… ou cando tentouse facer unha “plataforma loxística” (o novo Dique da Campá que dixo algún visionario) neses montes do Chá sempre ameazados, daquela e agora máis recentemente onde tamén estivo na loita contra o macroparque eólico, que algún alcalde dixo que “ia ser unha oportunidade”. Tamén participando activamente, o pasado xullo, na redescuberta do Monte dos Poetas e no renacemento do Club Alpinista Abrente… Como vedes, vai unha  chea de anos que os camiños do Club Montaña Ferrol e os de JOSÉ OREONA, sempre a prol do seu Brión, non pararon de atoparse.

De seguro que, ben tarde ou máis cedo, cruzarémonos de novo polos vieiros. Vémonos no camiño, JOSÉ!