ANDAINA 30 KM COSTA DE BEZOUCOS, PRIMEIRA EDICIÓN (22 DE ABRIL)
O ano pasado pechamos o capítulo do noso Descenso do Belelle que celebramos durante XV edicións. Desta volta traemosvos interesantes novidades: xa está aberta a inscrición á I Andaina Costa de Bezoucos, 30 kilómetros camiñando pola beiramar dos concellos de Cabanas, Fene, Ares e Mugardos para rodear a península de Bezoucos.
Será o sábado 22 de abril. Saíndo do areal da Madalena (Cabanas), percorrendo un treito de Fene, toda a costa de Ares desde Redes até Chanteiro, para rematar pasando por Mugardos até O Seixo.
Buscamos pioneir@s!
DATA LÍMITE INSCRICIÓN MÉRCORES 19 DE ABRIL
Máis información e actualización de información:
- No blog da andaina: https://bezoucosape.blogspot.com/
- FOLLETO INFORMATIVO (PDF)