ActividadesDestacadoEscaladaNoticiasRocódromo

CELEBRA O 8M NO ROCÓDROMO

Co gallo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, 8 de marzo imos organizar  en colaboración co Concello de Ferrol unha actividade de iniciación á escalada no rocódromo da Malata, para o que contaremos coa axuda de dúas socias escaladoras.

A idea é organizar unha actividade  para realizar un primeiro contacto coa escalada.

Quen pode participar: mulleres adultas e nenas a partir de 8 anos. As nenas teñen que estar acompañadas de nai/pai/titor.

Cando: martes 7 de marzo.

Horario: 3 quendas de 18:00h-19:00h, 19:00h-20:00h e 20:00h-21:00h de 8 participantes máximo cada unha (tentarase de anotar ás nenas no horario más cedo posible).

Para participar envía: nome, apelidos e número do DNI, ou tarxeta sanitaria se a nena non ten DNI ao correo do club.

A CONFIRMACIÓN de praza para participar, comunicarase por correo electrónico.