SAÍDA INTERPRETATIVA: AVISTAMENTO DE AVES NA FROUXEIRA
Retomando as actividades neste novo ano, o domingo 15 de xaneiro propoñémosvos unha iniciativa por parte dun socio do club de Montaña versado na materia: unha saída de avistamento de aves e paxaros pola contorna natural do espazo protexido da Lagoa da Frouxeira (Valdoviño). Dende o Club de Montaña agradecemos a colaboración do grupo local SEO Asturias.
A idea é facer unha saída ornitolóxica, un percorrido de avistamento de aves con paradas interpretativas e a baixo ritmo, para nenos e maiores.
- Hora: 10.00h a 13.30h aproximadamente.
- Lugar: aparcamento da praia da Frouxeira, fronte ao camping de Valdoviño, na estrada da praia.
- Quen pode anotarse?: nenos a partir de 4 anos e adultos.
- Prazas: 25.
PRECÍSASE INSCRICIÓN PREVIA
Para máis información, contacta coa Secretaría do club.