NaturezaNoticiasSendeirismo

11 DECEMBRO: DIA MUNDIAL DAS MONTAÑAS-EOLICA ASI NON

    O 12 de decembro foi declarado pola ONU, como día internacional das montañas.

O Club dende hai moitos anos, non deixa pasar a data.

Este ano o eslogan é ben contundente:

#AS MULLERES MOVEN MONTAÑAS

Nos de todolos xeitos imos a centrarnos mais  no noso entorno e na problemática: queren colocar 128 muiños de 200mts de altura (o pórtico de Astano ten 75), maioremente pagados pola unión Europea (ou sexa os cidadáns europeos), para xenerar unha enerxía que logo nos van a volver a cobrar … e ben cara!.

A maiores, si o Plan Eólico Galego, xa é agresivo, moitos destes se colocarán fora das áreas estabrecidas. “polo ben común” teñan a cara de dicir

Facemos un chamamento a facer o percorrido que as plataformas convocan en Moeche este vindeiro domingo: Castelo de Mocehe, a Pena da Cabra e un excelente miradoiro como é a Pena de Xacín, onde sen dubida os Señores de Andrade subían ali para ver os seus dominios.

A idea e xuntarse todo o mundo a partires das 9.30, para facer os cerca de 10kms de marcha e logo o que queira subir a San Ramón a unha comida (hai que apuntarse).

Ficha da actividade