ANDAINA FRAGAS DO EUME-PENA CAVADA E INICIACIÓN Á ESCALADA EN ROCÓDROMO
Adiantámosvos algunhas das actividades deste mes de novembro:
Sendeirismo polas Fragas do Eume (Monfero)
Para o vindeiro domingo día 20 de novembro, propoñémosvos unha andaina polo Eume de Monfero. É un percorrido de sendeirismo de dificultade media e esforzo medio.
- Hora de saída: 9:00 h.
- Lugar de saída: rúa Poeta Pérez Parallé, fronte o Centro Cívico de Canido.
- Distancia: 19 km. aproximadamente.
- Data última de inscrición: 18/11/2022.
- FICHA DA ACTIVIDADE (PNG)
Máis información e inscricións na Secretaría do club nos horarios de atención habitual, presencialmente e por teléfono; e tamén por correo electrónico.
Iniciación á escalada no rocódromo
O vindeiro mércores 23 de novembro terán lugar as Xornadas de Iniciación á Escalada. Se queredes participar tedes que cubrir este FORMULARIO
LEMBRADE QUE SE TEDES PRAZA NA ACTIVIDADE DE ESCALADA, O COMUNICAREMOS A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO FACILITADO.