ActividadesNoticiasSendeirismo patrimonial

REMEMORANDO ÁS XENTES DE ABRENTE, DOMINGO 9 DE OUTUBRO EN O SEIXO

Arredor de sete veces viñeron as e os Abrentistas até O Seixo, e xunto con membros da Sociedade Galega de Amigos da Paisaxe que fundara o pintor Felipe Bello Piñeiro, foran até o Monumento ao Camiñante descoñecido na veciña parroquia de Barallobre.

Este domingo 9 de outubro, nun acto civil, non institucional, as dúas entidades imos facer este percorrido e lembrar a aquelas xentes que se declaraban alpinistas e sobre todo amantes da natureza e da cultura.

Un par de breves intervencións de Jorge Gómez, expresidente da Sociedade, e de Enrique Sanfiz, de Radio Fene e coñecedor do monumento, darán contexto nesta pequena actividade…