EN ABRIL: CAMIÑO VELLO DOS ARRIEIROS
Para o vindeiro domingo 3 de abril, e continuando coas actividades que temos programadas no calendario, propoñemos unha andaina de media montaña que temos feito en varias ocasións, a última en 2014.
O Camiño vello do Arrieiros, do que todo o mundo fala pero semella que só nós percorremos, que unía As Pontes –núcleo de paso cruzando o Eume– co porto romano de Bares, polas serras da Faladoira e Coriscada.
Imos poñer o autobús, aínda que a idea é facer unha ocupación de máis ou menos o 75%.
- Hora de saída: 09.00 h
- Lugar de saída: rúa Poeta Pérez Parallé (Fronte o Centro Cívico de Canido).
- A data última de inscrición o 30/03 para persoas non federadas; e o día 01/04 para as federadas.
Cotas*
- Soci@s anteriores a 01/01/2022:
- Federad@s : 10€
- Non Federad@s : 14€
- Soci@s despois do 01/01/2022:
- Federad@s: 18€
- Non federad@s: 22€
- Non soci@s:
- 28€
*Se se aboan no bus, terán un incremento de 2€