12 DECEMBRO: ROTEIRO POLOS ALTOS DE MOUGÁ
O día 11 de decembro está declarado pola ONU como o DÍA INTERNACIONAL DAS MONTAÑAS, en Galicia ímolo conmemorar este sábado cunha manifestación en deceas de localidades para reclamar a defensa dos usos sostibles dos montes como espazos de vida para a xente que habita e traballa neles, fronte a colonización descontrolada que hipoteca o seu futuro para satisfacer intereses alleos.
En Ferrol tamén teremos mobilización, será o sábado 11 partir das 11.00 horas da mañá o sábado saíndo da Estación.
Pero a maiores o domingo día 12 faremos un roteiro polos altos de Mougá, visitando as zonas rurais do noso concello que, de non evitalo, serán afectadas por actuacións de grande impacto.
Saída ás 10.00 horas desde as inmediacións do refuxio de animais de Mougá. Distancia: arredor de 5 km.
Ubicación de saída: https://goo.gl/maps/49o8tqcGJtr9XZhi9