NOVA ACTIVIDADE: MARTES NO ROCÓDROMO
A idea é afondar un pouquiño no tema da escalada para os socios interesados acompañados por un socio do Club.
Quen pode participar? prioridade de participación para soci@s federad@s e se hai prazas dispoñibles poderán participar federad@s polo Club de Montaña Ferrol.
Cantos participantes? 6.
Idade? Adultos, e maiores de 15 anos acompañados por titor/a.
Cando? 2 martes ao mes no rocódromo.
Horario? 17.00-19.00h.
É imprescindible a inscrición previa na actividade.