ActividadesSendeirismo

SENDEIRISMO NA CAPELADA: MONTES DE COUCEPENIDO (12 SETEMBRO)

O vindeiro domingo 12 de setembro de 2021 celebramos unha actividade de sendeirismo en Cedeira, en horario matinal.

Distancia: aproximadamente 10 km.

Hora de saída: as 10.00 horas.

Lugar de saída: perto do Curro da Capelada, neste punto: https://goo.gl/maps/Kc2HYNT8HePsMnhq9

(ollo: o acceso é por pista de terra. Recomendase ir polos Candales. Os navegadores indican ir por pistas case intransitables, a opción que recomendamos é a menos mala.

Fin da actividade: aproximadamente ás 13.30 horas.

Límite participantes: 25 socios e non socios.

Indicacións a ter en conta:

  • Na saída, na chegada e en todas as paradas é obrigado o uso de máscara protectora.
  • Calquera dúbida  terá que ser resolta a través dos protocolos Fisiocovid – da Federación Galega de Montañismo.

IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA (venres 10 de setembro último día).

A actividade non contempla seguro de accidente.

Para os soci@s de balde e os non soci@s, 3€.