NoticiasRutasSendeirismo

BEZOUCOS: GRAN TOUR OU BIKE RING

A que chama a atención!!  Pois nin mais nin menos que é un traballo que esperamos poda ver a luz no calendario do ano que ven, vai collendo forma pouco a pouco. 45kms que rodean toda a península de Bezoucos: Ares, Fene, Cabanas e Mugardos.

As veces os concellos se montan rollos (lle venden a moto o concelleiro de turno), ou anuncios imposibles como ven facendo a Mancomunidade, pagando duramente por publicitar rutas ou que non existen, ou que existiron fai moito tempo, pero que os concellos non se lembran de limpar, polo que son impracticables ( e mais este ano). E o fácil o deixan a un lado.

Previo a estes tempos de pandemia, empezamos a unir os tracks das nosas rutas o longo deste anos, e paseniñamente conformamos un percorrido, moito del sen asfalto, eufemísticamente estamos a darlle un nome destes, que chaman atención: BEZOUCOS GRAN TOUR.

Pois o noso amigo Evaristo Castedo, que cada vez que pode volve dende a (calurosa) capital e se ven a patear montes e vales do noroeste, e xunto ca súa filla, Lucia, se fixeron en bici o percorrido, que non menos eufemístico bautizou como BEZOUCOS BIKE RING, o como di él: ” estamos ante uno de los anillos ciclistas costeros más bonitos de España. Una ruta espectacular, divertida y exigente, por un entorno privilegiado lleno de acantilados, calas, cabos, ruinas históricas, preciosas aldeas, antiguos lavaderos y hórreos, regos y fragas, que nos hará disfrutar al máximo de la incomensurable belleza de la Costa Ártabra.”

Queda inaugurado este camiño!!!