ActividadesNaturezaNoticiasSendeirismoSendeirismo patrimonial

ESTAMOS CONTENTISSISISIMOS. EOLICOS EN BRION, MELLOR QUE NON! GRAZAS A TOD@S

A xornada de onte foi  do agrado do Club de Montaña e todas as entidades que compoñen  ese movemento que reivindican os montes de Brión para outros usos mais sostibles, encabezados polos representantes dos seus lexítimos propietarios: os veciños (hai que recordar que nos anos 60 a Guardia Civil a culatazos, fixo cambiar o monte de donos) .

Mais de 300 persoas de todas as idades percorreron os case 10kms, en que se convirteu a marcha ó final, cunha chea de paradas, en cada sitio onde se vai poñer unha de esas torres de 32 mts de diametro (mais dun ferrado de superficie) e perto de 200mts da altura. Ou en algunha das moitas mamoas,  no que ven a ser unha das necropolis mais numerosas do noroeste galego de miles de anos de antigüidade

A climatolixia axudou, e podíase vez a costa ata Cabo San Hadrian e illas Sisargas, ou os muiños de Capelada, Forgoselo e de As Pontes, de dimensións moito mais pequenas que os que se proxecta.

Non se entede por onde van pasar os camións nin os medios con que se vai levantar. Se sabe que non van crear postos de traballo nin van a baixar o recibo da luz.

Non se entende, como non se vai a roturar os xacementos arqueoloxicos nesa labor, e non se entenden como non había municipes dos que votan a favor para explicar a sua postura, pese a estar invitados