EscaladaNoticias

SEGUIMOS COAS ACTIVIDADES NO ROCODROMO

De todos xeitos hai que lembrar que é unha Instalación Municipal, ainda que levamos moito invertido ali.

A Xornada de iniciación de portas abertas se está a facer unha vez o mes. Se a Xunta de Galicia se acorda do deporte (cosa que non fixo dende o minuto 1 da pandemia) , e amplia os participantes, poderemos acoller a mais

As Xornadas de iniciación dos martes, unha vez que tod@s @s soci@s federad@s  do club xa probaron, ampliamos a todos aqueles socios de paso (maiores de idade) que teñen a licenza federativa conosco

E esta semán xa se empezou grazas os compañeiros Javier e Ana, co Taller permanente de escalada, o que serán varios meses continuados, para que os que de verdade queran seguir neste deporte, collan suficente práctica como para  facelo sos con total seguridade (que é o que mais interesa).

Entendemos que debía ser o propio Concello o que dinamizara a instalación (é mais facil que o fagan os demais), e que ademais o Concello non quere deixalo en exclusividade ( a piscina si que se pode facer por 40 anos.. aportando ademais 1.000.000 de euros de tod@s os ferrolans), e que temos que convivir todos os clubes de Ferrol, que o propio Concello non sabe cantos son, as veces te din que 5 as veces que 4, e por datos da Federación de Montaña, so debemos de ser o CMF e outro.

Por último: hai xente que pasa polo club (non socia) e nos exise como se fora unha obriga, e ollo, o club é unha entidade privada que so ten que ter en conta os seus socios e socias, o que non é socio non ten dereito algún na entidade.