NoticiasSendeirismo

SUSPENDIDA A MARCHA POLA COSTA E ARES: O DEPORTE NON IMPORTA

A norma que  establece unha medida de prevención específica como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia recolle:
“A adopción da medida de prevención específica consistente na limitación a un máximo de dez persoas dos grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados”.
Así que, acolléndonos a normativa e a falta dunha regulación máis específica ANULAMOS A ANDAINA do próximo domingo prevista por ARES.
 Unha vez máis como en todo este proceso se obvia a practica deportiva, sendo esta precisamente a actividade que debería estar máis potenciada, sobre todo as do medio natural, pois  se algo ten o deporte,  é a trasmisión duns hábitos de vida saudable.
E falamos de practica deportiva, non de espectáculo dende unha grada, que parece que é o único que importa no “mundo do deporte” a altas instancias

 

Segundo sexa a evolución da situación iremos adaptando a organización das actividades aos requisitos normativos e iremos explicando a forma organizativa de cada unha delas.
Seguiremos informando.