ActividadesDestacadoNoticiasSendeirismo

ANDAINA POLA COSTA DE ARES

Coa idea de continuar facendo actividades, prantexámosvos unha nova Andaina pola Costa de Ares, que non tiñamos prevista no calendario,  para o vindeiro domingo 18 de outubro.
Lembramos as normas vixentes de prevención da COVID-19:
  • Quen teña síntomas compatibles con COVID deberá absterse de asistir á andaina.
  • Os desprazamentos serán en vehículos particulares, baixo a responsabilidade de cada quen.
  • Dado que é unha practica deportiva individual (Res. de 01/07/2020 artígo 1º apart. d/7) o uso da uso da máscara é obrigatorio na saída e na chegada; e nas paradas intermedias, no resto débese manter unha distancia de 2 metros.
  • Débese camiñar cos mais achegados, e manter a separación física co resto do grupo (efecto burbulla).
  • Baixo ningún concepto pódese compartir material, comida, bebida, etc.
Hai un cupo máximo de 30 participantes. Os soci@s do Club teñen prioridade de inscrición até o día 14/10/2020. Poden participar invitad@s non soci@s.
Dado que é un paseo sen dificultade, non haberá seguro colectivo: cada quen irá baixo o seu risco. A hora de saída é ás 10.00 horas do Parque da Ciscada, na entrada de Ares.
IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA
Derradeiro día de inscripción: 16/10/2020 agás que non queden prazas.
Saúdos,